Translate

sábado, 28 de febrero de 2015

VISITA Á CORUÑA - Unha ollada ós museos científicos coruñeses: Vivindo a ciencia!

O pasado mércores 25 de febreiro de 2015 os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed Primaria fixemos unha saida á Coruña onde visitamos os diferetes museos científicos coruñeses:

Na Casa das Ciencias fixemos unha toma de contacto coas ciencias onde a curiosidade e experimentación axudou a solucionar cuestións referentes ás diferentes ramas da ciencia: física, química, bioloxia..., (Podemos ver as ondas de son?, pódese facer flotar unha pelota?,cómo funcionan os movementos dun péndulo?, cómo nace un polo?...)

No Domus tivemos a oportunidade de coñecernos a nós mesmos como individuos e como especie, experimentamos cos nosos sentidos, coñecimos máis a fondo o funcionamento do noso corpo  e afondamos nas nosas orixes.

Finalmente, no Acuario Finisterrae, puidemos sumerxirnos na riqueza do Atlántico: o estudo da súa dinámica, a súa flora e fauna, o coidados que precisa e o aprobeitamento que se fai da inmensa riqueza que este fermoso e delicado océano nos brinda e a evolución da ciencia e tecnoloxía marina.
O mal tempo impediu que nos achegáramos ás charcas das focas pero, a pesar de todo, a visita foi moi interesante!!!

Déixovos algunha instantáneas desa fermosa e intensa xornada...

...na Casa das Ciencias...
















...No Domus...












...divertíndonos despois da comida no recinto do Domus...





...e no Acuario Finisterrae. (O non poder empregar o flash as fotos sairon bastante escuras)







 Co amigo Gastón nadando ó noso redor...











































 








...Ata a próxima entrada, nen@s!